Monday 06 de May de 2024

Unhas 140 persoas desfrutan do Xantar de Nadal do Club de Xubilados de Lousame


Preto de 140 persoas desfrutaron onte domingo do tradicional xantar de Nadal que organiza o Club de Xubilados de Lousame no restaurante O Trapeiro (Tállara-Lousame). Un evento que estivo presidido por Francisco Abelino García, presidente do Club de Xubilados de Lousame, quen estivo acompañado polo tenente de alcaldesa, Esteban Ares García; pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, e polo concelleiro de Seguridade Viaria e Protección Civil, José Antonio Ces Barrreiro.

A festa comezou ás 14:00 horas no restaurante O Trapeiro. Despois de xantar, as persoas asistentes puideron desfrutar dun amenizado polo dúo “Aires de Broña”, que precedeu ao sorteo dunhas cestas de Nadal.